X

Aula da natureza de Vilafernández

A área recreativa de Vilafernández localízase nunha paraxe inigualable, á beira do encoro da Fervenza. Esta área conta cun parque infantil, un refuxio con chemineas a disposición de calquera usuario previa reserva e sen custo, ademais hai aseos e varios punto de observación de aves.

Desde o observatorio ornitolóxico pódese contemplar un amplo espazo natural poboado por aves nómades en tránsito a outras zonas. É sen dúbida un lugar paradisíaco para os amantes da ornitoloxía.