X

Cabo Roncudo

Cabo principal de Bergantiños xunto ao cabo Santo Hadrián e o cabo Nariga.

A punta Roncudo debe o seu nome ao eco que produce o son do mar Atlántico na costa deste promontorio.

O Faro Roncudo alerta constantemente ao tráfico marítimo da Costa da Morte da proximidade e perigo deste mar, cemiterio tradicional de barcos naufragados. As cruces levantadas no cabo lembran tamén a vida dos mariñeiros e mariscadores afogados ou desaparecidos neste océano infinito.

É un lugar idóneo para contemplar o paso de aves mariñeiras, ou migratorias, viaxeiras, entre as que cabe citar a gaivota e o corvo mariño.

Tamén é famoso polos seus percebes, que crecen sobre as rocas batidas polas ondas.

Nestas inquietas augas hai que coñecer as mareas antes de facerse ao mar. A lúa e o estado do mar rexen o destino dos percebes e dos "percebeiros".

Son moitas persoas as que perderon a vida realizando este labor, traizoados polo mar.

Aquí as mareas poden ter oscilacións de máis de catro metros, e é entón, durante as mareas máis baixas, e se o mar permíteo, cando se descobre o percebe antes oculto baixo a escuma das ondas.