X

A Costa da Morte, protagonista na entrega dos recoñecementos de Calidade e Sostenibilidade Turística de Galicia do ICTES

31/05/2024

A Costa da Morte, protagonista na entrega dos recoñecementos de Calidade e Sostenibilidade  Turística de Galicia do ICTES

Turismo de Galicia organiza o acto de entrega das distincións no Parador Costa da Morte de Muxía. Un acto no que estiveron presentes representantes da Asociación de Turismo da Costa da Morte (CMAT) e da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM)

MUXÍA, 31/05/2024. Este venres o Parador Costa da Morte de Muxía acolleu a entrega dos recoñecementos “Q” de Calidade Turística e “S” de Sostenibilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) que premian a calidade e sostenibilidade dos establecementos turísticos. Este acto, organizado por Turismo de Galicia, contou coa presencia de representantes das asociacións de turismo da Costa da Morte, CMAT e APTCM.

A Costa da Morte, protagonista para o turismo en Galicia

Turismo de Galicia escolleu como escenario para a entrega destes distintivos un enclave impresionante da nosa Costa: o Parador de Muxía, dirixido por Julio Castro Marcote, que se encargou de que o evento fose excelente en tódolos sentidos.

Neste acto, cheo de referencias á calidade da Costa da Morte como xeodestino turístico, participaron autoridades autonómicas como Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia; Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia e Belén do Campo, delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña. Tamén estiveron presentes o presidente do propio ICTES, Manuel Mirones e o vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia, Jesús Picallo.

O acto foi innaugurado polo alcalde de Muxía, Iago Toba, quen fixo referencia tamén á relevancia que ten a Costa da Morte como destino turístico e á calidade dos profesionais do turismo deste territorio. Foi unha xornada onde a CMAT estivo presente a través de moitos dos seus representantes: Manuel Muíño, presidente da CMAT; Pepe Formoso, secretario da CMAT e presidente de APTCM; Damián Álvarez, vogal da CMAT e secretario de APTCM e Áurea Domínguez, vogal da CMAT. Tamén quixeron estar presentes nesta importante xornada os alcaldes de Dumbría, Raúl González e de Corcubión, Xabier Domínguez; así como Marta Rodríguez, xestora SICTED do destino Costa da Morte e personal da Secretaría Técnica da CMAT.

Unha demostración de forza da Costa da Morte como destino turístico

Este acto é unha nova demostración da boa saúde coa que conta o sector turístico da Costa da Morte que, ademais de acoller este importante acto, conta con varias distincións Q de Calidade Turística. Este ano, concretamente, recolleron a "Q" o Hotel Temático do Banco Azul de Fisterra e o Faro de Lariño. En canto á "S" de sustentabilidade, foi o Hotel Bela Fisterra o que logrou este recoñecemento. Un sinal de que traballando de maneira conxunta, o xeodestino Costa da Morte ten grandes oportunidades no presente e no futuro.

Arquivado en:

Novas