X

Camino Clean limpiará de residuos a "Costa da Morte"

Camino Clean limpiará de residuos a "Costa da Morte"

O 14 de abril Camino Clean celebra a súa segunda edición que consistirá nunha camiñada de 8 km, a distancia que separa Praia do Rostro e Lires, seguindo o Camiño dos Faros e o Camiño de Fisterra a Muxía. Recolleranse residuos, como plástico e lixo, que se atopen ao longo desta ruta, manténdoa limpa e evitando posibles danos provocados por estes como, por exemplo, os incendios.


Os colaboradores desta iniciativa comezarán a súa camiñada ás 11.30 na Praia do Rostro, onde os organizadores da mesma farán entrega do pack Camino Clean, que contén todo o necesario para superar con éxito esta xornada. Os participantes, previa inscrición, poderán chegar ata o punto de inicio mediante o uso do autocar facilitado por Tee Travel, que sairá de Vilagarcía de Arousa ás 8.30 horas e realizará unha parada en Compostela ás 9.15 horas.
Ao fin dos labores de recollida, ás 14.30 horas, os participantes na actividade poderán gozar dun xantar informal en Lires. Ás 17.00 horas o autocar regresará ás cidades de orixe, sendo Santiago de Compostela a primeira parada.

Arquivado en:

Novas