X

Carnota e Laxe acollerán este verán os cursos da campaña de vela da Deputación da Coruña

Carnota e Laxe acollerán este verán os cursos da campaña de vela da Deputación da Coruña

Os concellos Carnota e Laxe, acollerán este ano, os cursos da campaña de vela 2018 da Deputación da Coruña. Neles poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos, ambas idades incluídas, pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.                      

A rapazada interesada en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no seu concello, entregando a ficha de inscrición que, a partir de mañá, pode descargarse da páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal/deportes ), debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores dos solicitantes. A cota de inscrición será de 25 euros.

Nos cursos, que terán unha duración dunha semana en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións náuticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes. As quendas dos cursos e os correspondentes prazos de inscrición, que comezarán o 1 de xuño, son en Carnota, antes do 27 de xuño e a 3ª quenda: do 16 ao 20 de xullo e en Laxe antes do 4 de xullo e a 4ª quenda: do 23 ao 27 de xullo

Arquivado en:

Novas