X

Casa de Eduardo Pondal

A casa natal de Pondal foi construída polo seu pai en 1820, cos aforros que xuntou na emigración arxentina. O baixo da casa serviu noutros tempos de almacén de sal. En fronte tiña un porto de amarre de lanchas veleras que transportaban olería de Buño, madeira de Bergantiños, area da enseada da Insua e tella das Rías Baixas.

Eduardo Pondal, nacido en 1835 no seo dunha familia de rango, foi, xunto a Curros Enríquez e Rosalía de Castro, un dos artífices do "Rexurdimento" da literatura galega e o principal responsable da creación do mito celta en Galicia. Pondal forxou unha lingua literaria culta coa que enxalzou a natureza e a paisaxe agreste das terras de Bergantiños e do Xallas, sempre presentes na súa obra.

+información