X

Castro A Cidá de Borneiro

Un dos máis antigos de Galicia e único castro escavado da Costa da Morte.

Estivo habitado entre os séculos VI a.C. e o I d.C.

Conta con 43 construcións, de forma circular e ovalada, e unha muralla para a súa protección. Existe un barrio extramuros, probablemente cunha finalidade industrial para fundición de metais. O monte que linda pola ladeira este de o castro está catalogado como mina de ferro.

Ademais da metalurgia vivían da agricultura e gandería.

Materiais achados: en ferro (coitelos, puñais, fouces), bronce (fíbulas, agullas, aneis, contas de colar, fragmentos de sítulas), pedra (fusaiolas, muíños de man), vidro (contas de colar), cerámica (gran cantidade dela decorada). Actualmente no Museo Arqueolóxico da Coruña.

+información