X

Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate

Atópase no lugar de Dombate na parroquia de Borneiro.

É un conxunto formado por dous monumentos superpostos: "Dombate antigo" (restos dun dolmen máis pequeno de 2,4 x 1,9 metros, anterior ao dolmen grande) e ?Dombate recente?. Este é un dolmen de corredor practicamente completo de planta poligonal, datado entre o 2.500 e 3.000 a.C. Consta dun túmulo de 24 metros de diámetro e 1,8 metros de alto, cuberto dunha coraza de pedras pero sen cubrir a cámara. Esta ten sete laxas e unha gran tapa por encima. Conta tamén cun corredor de 4,1 metros, formado por tres tramos e unha entrada pechada cunha laxa. Destacan as pinturas do interior das laxas verticais cunha tendencia xeral á xeometría e os gravados.

+información