X

A CMAT aposta por unha campaña para promocionar o Astroturismo en Costa da Morte

A CMAT aposta por unha campaña para promocionar o Astroturismo en Costa da Morte

Grazas ao cofinanciamento entre CMAT e a Xunta de Galicia a través dun convenio con Turismo de Galicia, promóvese a campaña de Astroturismo en Costa da Morte.

Desde a CMAT, esta anualidade, ademais desta campaña se aposta por outras campañas temáticas como son: Turismo Familiar, Turismo de Surf e Praias Salvaxes, Turismo de Megalitismo e Turismo Xeolóxico.

O obxectivo desta campaña é dar a coñecer os lugares de interese astronómico de Costa da Morte para que os usuarios poidan gozar do ceo estrelado e dos mellores atardeceres. 

Para conseguir os obxectivos, seleccionáronse lugares diferentes repartidos por toda a xeografía dá Costa da Morte. Nesta selección buscouse o maior equilibrio territorial posible de maneira que todos os concellos de Costa da Morte puidesen contar cun elemento para ser visitado. 

O Dolmen Arca da Piosa, a praia de O Rostro, o Cabo Touriñán, o Cemiterio dos Ingleses, o Castro de Borneiro, Punta Nariga, o Espazo Natural de Razo - Baldaio, o Encoro da Fervenza, a Praia de Soesto e o Monte Pindo son aqueles lugares elixidos ao longo do territorio onde se pode gozar do ceo nocturno e de preciosos atardeceres. 

Descobre toda a información, proximamente na nosa web. 

Arquivado en:

Novas