A CMAT acompaña ás empresas da Costa da Morte ‘O Semáforo’ de Fisterra e ‘Albergue Et Sueia’ de Muxía na entrega do distintivo Q de Calidade Turística
Os repesentantes de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) Mónica Rodríguez, Xosé Regueira o Pepe Formoso respaldaron coa súa presencia aos representantes dos dous establecimentos do xeodestino no acto de entrega dunha acreditación que recoñece a excelencia na xestión turística.
“Estamos orgullosos do noso sector turístico”, destaca Mónica Rodríguez.
Unha representación de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), encabezada pola súa presidenta Mónica Rodríguez, acompañóu aos representantes das empresas O Semáforo de Fisterra e Albergue Et Sueia de Quitáns (no Concello de Muxía) no acto de entrega do recoñecemento e distintito Q de Calidade Turística, unha acreditación que outorga o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). A CMAT tamén estivo representada neste acto de entrega presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e celebrado este fin de semana na Finca Montesqueiro de Oleiros por Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, e por Pepe Formoso, empresario e presidente da Asociación Profesional de Turismo da Costa da Morte (APTCM).
O hotel O Semáforo de Fisterra, ubicado no mismísmo Faro de Fisterra, é un establecemento delicatessen con encanto que conta con cinco exclusivas habitacións e vistas infinitas nun lugar privilexiado. Pola súa banda, Albergue Et Sueia, ubicado na localidade de Quintáns, a pouco máis de dous quilómetros de Muxía, é un establecemento destinado ao peregrino, ao que lle ofrece un servizo de calidade. As dúas iniciativas empresariais foron merecedoras no 2021 do distintivo Q de Calidade Turística, un marchamo identificado coa calidade na xestión turística.
“Non quixemos deixar pasar a oportunidade de apoiar coa nosa presencia a estas dúas empresas da Costa da Morte”, destacou Mónica Rodríguez, presidenta da CMAT, quen sinala que a concesión do distintivo Q de Calidade Turística “reafirma que a Costa da Morte ofrece unha diversidade de servizos turísticos de constratada calidade e profesionalidade para todo aquel que queira coñecer e achegarse ao xeodestino”. “Estamos orgullosos do compromiso de todos os axentes que integran o sector da Costa a Morte para continuar facendo desta zona un destino de referencia no eido turístico”, apuntou Mónica Rodríguez, quen felicitou ás dúas empresas e a todas as que día a día fan da Costa da Morte “un lugar único”.
Galicia conta con máis de 300 acreditacións Q de Calidade Turística, situándose no liderado desta marca que recoñece a excelencia na xestión turística. É a segunda comunidade autónoma, só por detrás de Andalucía con máis certificación. O Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) entregou no 2021 un total 31 novos distintivos, dos que dous corresponderon a empresas ubicadas na Costa da Morte: O Semáforo de Fisterra e Albergue Et Sueia de Quitáns (Muxía).