X

A CMAT aproba a composición da nova Xunta Directiva para os próximos dous anos

25/06/2021

A CMAT aproba a composición da nova Xunta Directiva para os próximos dous anos

A Alcaldesa de Vimianzo, Dª Mónica Rodríguez, liderará o equipo directivo nos próximos dous anos, asumindo a Presidencia do ente xestor do turismo de Costa da Morte.

 

O pasado lins 21 de xuño, celebrouse en Vimianzo unha Asamblea da CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), na que, entre outros puntos a tratar, tivo lugar a elección da nova Xunta Directiva, tras os dous anos do mandato do anterior Presidente, o alcalde de Muxía, D. Santiago Toba.

A nova Xunta Directiva, elixida por unanimidade, está composta polos representantes dos concellos de Vimianzo (Presidencia), Camariñas (Vicepresindencia), Cabana de Bergantiños (Tesourería), APTCM (Secretaría e primeiro vogal), Fisterra (segundo vogal) e Carballo (terceiro vogal).

Agradendo a boa labor na xestión da entidade realizada polo anterior equipo directivo, especialmente a D. Santiago Toba como Presidente, D. José Manuel López como Vicepresidente e D. José Luis Pérez como vogal, comeza unha nova etapa no xeodestino, cun equipo ilusionado e con gañas de traballar en conxunto polo desenvolvemento e a promoción turística do destino de Costa da Morte.

No marco da asamblea, comunicouse a todos os socios a resolución das axudas da Deputación da Coruña para as actividades de 2021, onde terá especial protagonismo o marketing online, o Camiño Fisterra – Muxía, (en honra da celebración do Ano Santo Xacobeo), a realización de varios blog trips, o posicionamento de Costa da Morte como destino familiar,  e a realización de diferentes elementos audiovisuais que promocionen as vivencias e emocións que se poden vivir arredor do patrimonio natural e cultural de Costa da Morte.


Arquivado en:

Novas