X

A CMAT coordina unha campaña de promoción do Camiño Fisterra - Muxía ao seu paso por Costa da Morte

A CMAT coordina unha campaña de promoción do Camiño Fisterra - Muxía ao seu paso por Costa da Morte

O pasado 30 de xullo tivo lugar unha reunión para coordinar unha nova campaña de promoción de Costa da Morte. Á reunión asistiron: Silvia Bouzas (membro da xunta da CMAT), Marta Rodríguez (secretaría técnica CMAT), Alberto Rivas (blogueiro Alvientooo e organizador da actividade), Raúl Lorenzo (fotógrafo e filmmaker) e ingenyus* (servizo de comunicación).

A campaña, financiada pola Deputación Provincial da Coruña, terá lugar en setembro e consistirá en promocionar o Camiño Fisterra - Muxía ao seu paso por Costa da Morte. Cinco blogueiros realizarán este tramo durante cinco días.

A campaña retransmitirase a través das redes sociais destes blogueiros e a través dos propios perfís da CMAT.

Arquivado en:

Novas