X

Comeza unha nova edición do #CamiñoSenLímites

Comeza unha nova edición do #CamiñoSenLímites

Nova edición da versión inclusiva do Camiño dos Faros xa está a piques de comezar.  Aberto o prazo de inscrición para a primeira etapa (sábado 17 de marzo,  Caión – Baldaio) do Camiño SenLímites 2018. A iniciativa da Federación de Anpas da Costa da Morte-Coruña dá ata o  14 de marzo como prazo límite para inscribirse nesta serie de roteiros polo famoso Camiño dos Faros, dun xeito inclusivo e sen barreiras.

A primeira etapa será Caión – Baldaio (Roteiro ConCiencia) de 8.5 kms. e contará co alumnado de 1° da ESO co programa “Ciencia Sen Límites”, un imprescindible voluntariado.

 Inscrición

Arquivado en:

Novas