X

Comezo da "7ª Escola Ambiental de Senda Nova"

Comezo da "7ª Escola Ambiental de Senda Nova"

O pasado sábado, día 10 de novembro, máis de medio cento de persoas recibimos no Espazo da Natureza de Oza, as novas participantes da Escola Ambiental Senda Nova- Concello de Carballo, que acada xa a súa 7ª edición.

A Escola Ambiental trátase dun proxecto que comeza agora ,no mes de novembro, e remata no mes de xuño, tendo todas as semanas actividades cun grupo de 25 rapazas e rapaces, para coñecer o seu entorno máis achegado. Isto conseguímolo a través de diferentes dinámicas e metodoloxías que teñen lugar os sábados pola mañá ou os domingos en xornada completa e que conseguen achegar as máis pequenas/os ao patrimonio cultural, ecolóxico e paisaxístico da #CostadaMorte.

 

 

Arquivado en:

Novas