X

CONCURSO #muraisLarCMAT - Bases

  1. Introdución

Esta actividade promocional estará organizada pola CMAT, con domicilio en Lugar de Lires 82, 15270, A Coruña, CIF: G70446810 en colaboración con Suministros Lar, con domicilio social en Lugar de Xallas 28, Cee, CIF: A15037351.

O fin último é promocionar a actividade turística na zona de Costa da Morte e ampliar o número de seguidores e de impacto nas redes sociais, e máis concretamente en Instagram (www.instagram.com)

 

  1. Persoas ás que se dirixe o concurso

Poden participar no concurso aquelas persoas físicas maiores de idade residentes en España ou en calquera outro país europeo que se rexa pola Lei Orgánica de Protección de Datos.

Ademais, todos os participantes han de ser seguidores en Instagram das contas @visitacostadamorte e @suministroslar.

 

  1. Data

O presente concurso estará activo do 1/07/2019 ao 15/12/2019, ambos inclusive.

 

  1. Mecánica de participación

Desde todos os perfís do CMAT e Suministros Lar anunciarase un concurso que terá lugar en Instagram. O concurso consistirá nunha publicación no seu perfil de Instagram dunha foto tomada na exposición de murais de azulexo Lar na Escola que permanecerá exposta ata o mes de decembro no paseo marítimo de Sanxenxo (Pontevedra), con temática deportes acuáticos.

As fotografías son de estilo libre, a condición de que figure polo menos un dos oito murais que se expoñen. Deberán acompañarse dun pé de foto co hashtag #muraislarcmat.

Os participantes deberán ter a súa conta aberta, sen restricións de privacidade que impidan que o resto de usuarios accedan á fotografía e voten por ela se o consideran oportuno. Do mesmo xeito, será obrigatorio seguir as contas de Instagram do CMAT (@visitacostadamorte) e Suministros Lar (@suministroslar) para que a foto sexa valorada.

Cada participante poderá subir tantas fotos como desexe durante os diferentes períodos do concurso, aínda que non se terá en conta a cantidade das mesmas, senón a popularidade, de forma individual. Valorarase a través do número de likes que alcancen. Non se admitirán vídeos. Só poderanse valorar aquelas fotografías que cumpran estritamente a temática do concurso.

Todas as fotografías deberán ser de autoría propia, responsabilizándose directamente o usuario que colgue a foto de non vulnerar dereitos de Propiedade Intelectual. Os participantes asumen que ceden ás entidades organizadoras do concurso ( CMAT e Suministros Lar) o dereito de explotación das fotografías participantes, para a súa difusión nas redes sociais e nas web correspondentes.

Os organizadores resérvanse o dereito para descualificar e denunciar a Instagram aquelas fotografías inapropiadas ou que vulneren o dereito á honra de terceiros.

O gañador/a decidirase en función do número likes que acumule cada fotografía, declarando gañadora á fotografía que teña máis likes en cada período da edición.

Os likes non son acumulativos, xa que se terán en conta só os alcanzados polas fotos subidas dentro de cada quincena. É dicir, votar unha fotografía dunha quincena na que xa se declarou un gañador non terá ningún valor.

Cada premio consistirá nunha experiencia gratuíta en Costa da Morte, a maioría estancias en aloxamentos.

Os premios limítanse a un por persoa, aínda que a participación non está restrinxida entre períodos de premios nin dentro do mesmo período.

Entregaranse un total de 15 premios: 4 no mes de xullo (2 premios cada quincena), 4 en agosto (2 premios cada quincena), 2 en setembro (un premio cada quincena), 2 en outubro (un premio cada quincena), 1 en novembro (un premio no mes) e 2 en decembro (dous premios na quincena).

Na web dos organizadores estará dispoñible unha relación dos 15 premios diferentes. O gañador poderá escoller da lista cal desexa desfrutar.

A renuncia ao premio non dará ningún dereito de indemnización ou compensación.

Os organizadores non se responsabilizan das reclamacións relacionadas co desfrute do premio.

Os organizadores resérvanse o dereito de declarar nulas as participacións nas que se detecte un uso fraudulento. Non terán dereito a obter os premios que se conseguiron mediante algunha fraude, por exemplo, o uso de robots ou contas “pantasma”.

 

  1. Comunicación do premio

Nun prazo de tres días despois de acabar cada fase do concurso publicarase nas páxinas de Twitter, Facebook e Instagram do CMAT o gañador de cada período.

Para obter o premio, o usuario ha de confirmar os seus datos de contacto por mensaxe privada a través de Instagram. Pasados cinco días desde a publicación do gañador, se este non se pon en contacto co CMAT para a confirmación dos seus datos, perderá a condición de gañador e contactarase co suplente, é dicir, o/a autor/a de a segunda foto con máis “gústame”.

Nas contas das redes sociais de Suministros Lar compartiranse os gañadores, así como o contido relacionado co concurso que o xestor das mesmas considere apropiado, pero a xestión de premios e comunicación cos gañadores realizarase exclusivamente desde o CMAT.

O premio enviarase á dirección de email que o gañador facilite e consistirá nun bono regalo para trocar.

Os gañadores poderán gozar do premio dentro do período de tempada baixa (entre o 31/09/2019 e o 1/06/2020, excluídos festivos e Semana Santa), suxeito á dispoñibilidade de cada un dos establecementos. As reservas tramitaranse directamente co establecemento escollido.

Os premios, baixo ningunha circunstancia, poderanse cambiar por calquera outro obsequio nin trocarse pola súa equivalente compensación en metálico. Con todo, os gañadores teñen dereito a ceder o goce de premio a terceiros, se así o consideran e así o notifican aos organizadores.

 

  1. Responsabilidade da empresa

Os organizadores resérvanse o dereito de acurtar, prorrogar, modificar ou cancelar este concurso se así o estimasen conveniente ou se ocorresen supostos especiais nos que se impide a realización do mesmo.

Igualmente, CMAT reservásese o dereito de eliminar os comentarios que non se axusten á súa filosofía de organización ou que se consideren ofensivas para outros internautas.

Non se responsabilizará polas afirmacións que se fagan a través da rede social terceiras persoas, podendo levar a cabo as actuacións xudiciais que crea pertinentes contra as mesmas.

Tampouco se responsabiliza dos danos ou prexuízos que puidesen ocorrer cando o gañador desfrute do premio.

 

  1. Tratamento dos datos persoais

Os datos persoais facilitados serán incorporados a un ficheiro automatizado, propiedade do CMAT e de Suministros Lar. O tratamento dos mesmos realizarase de conformidade co establecido na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e comercio electrónico (LSSI), en canto á forma de ofrecer a información na internet e Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual.

As organizadoras Suministros Lar e CMAT non cederán os datos que soliciten a ningunha entidade terceira sen previa e expresa autorización do interesado. Do mesmo xeito, comprométense a almacenar os datos dos gañadores con fins exclusivamente organizativos relacionados co troco dos premios e unicamente ata que todos os gañadores gozasen da súa correspondente recompensa.

Os gañadores poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e /ou de oposición ante as entidades organizadoras a través da seguinte dirección de correo electrónico: comunicacion@visitacostadamorte.com

 

  1. Lei aplicable

Para todo o que non se especifica nestas bases legais do concurso en Instagram, a promoción someterase á normativa española que estea en vigor nese momento.

En caso de litixio resolverán a contenda os Xulgados e Tribunais de Corcubión, sen prexuízo do foro que puidese corresponder segundo a normativa aplicable.

Ao aceptar as bases de participación, exonérase completamente a Instagram de toda responsabilidade. Este concurso non está patrocinado, avalado, asociado ou administrado por Instagram de ningún xeito.

 

  1. Aceptación das bases do concurso

Ao participar no concurso e dar os seus datos persoais está a aceptar de forma expresa as anteriores bases do concurso. No caso de que desexe obter máis información poderá poñerse en contacto coa empresa organizadora mandando un email a comunicacion@visitacostadamorte.com