X

Conferencia do micólogo Jaime Blanco Dios no Museo do Mar

Conferencia do micólogo Jaime Blanco Dios no Museo do Mar

En Galicia existen unhas 2.700 clases de cogumelos. Atopar unha nova especie non resulta tarefa sinxela, pero Jaime Blanco Dios foi quen de descubrir unha na praia de Soesto: a “Entoloma corunnense”. O sábado 25 de novembro, ás 19.00 horas, Jaime, divulgador científico especializado en cogumelos, visitará o Museo do Mar para impartir unha conferencia na que nos falará sobre o seu achádego. A sesión titulase: Novas especies de fungos para a ciencia atopados en Galicia" Será un bo momento tamén para que o público asistente faga preguntas a un experto na materia, e resolver dúbidas sobre a micoloxía.

Arquivado en:

Novas