Continúan as actividades nas Torres do Allo
O conxunto etnográfico do Allo ofrece moitas e variadas opcións de visita para esta fin de semana:
Visitas Guiadas: Todos os días ás 13h. e 17h. Onde descubrir da man de guías expertos o lugar no que o tempo parouse dende fai catrocentos e que agora conserva a nosa historia, etnografía e natureza de forma única.
O Xogo de Pistas: En calquera momento durante o horario de apertura. (non precisa reserva). Actividade lúdica na que desfrutar en familia.
II Concurso de Fotografía Móbil “Enfoques do Allo”. Forma parte do xurado e axúdanos a decidir as tres fotografías gañadoras cos teus votos a través das redes sociais do pazo, Facebook ou Instagram. Tendes para votar ata o 15 de setembro ás 23:59h. ¡Polgares e corazóns a montóns para os nosos finalistas!
Escape Room “Pazo do Allo”: Todos os días ás 11:30h. e 16:30h. O xogo de escapismo máis de moda, para o que xa se esgotaron todas as prazas, e que pon a proba xs visitantes máis atrevidxs, que se achegan a particiar no primeiro Pazo Escape do Mundo.
Actividades son de balde para todos os públicos.