X

Conxunto histórico artístico de Caión

Unha das estampas máis atrayentes da costa coruñesa, mil veces repetida por fotógrafos e pintores, é a vila de Caión, que cos seus brancos caseríos agrupados na pequena península, é unha das pinceladas máis pintorescas do litoral da Costa da Morte, que o xeógrafo grecorromano Estrabón denominou, fai dous mil anos, Gran Porto dos Ártabros, o cal chega desde o Cabo Prior (Ferrol) ata as Illas Sisargas e o Cabo de San Adrián (Malpica).

Todo isto divísase desde a Atalaia de Caión, un lugar de vistas incribles. Os habitantes da vila no século XVI situábanse alí para controlar o paso das baleas, pois Caión era, antigamente, un importante porto baleeiro.

+información