X

A CMAT organizou unha reunión de traballo sobre o proxecto de Astroturismo nas Torres do Allo, en Zas

23/11/2023

A CMAT organizou unha reunión de traballo sobre o proxecto de Astroturismo nas Torres do Allo, en Zas

No marco do Convenio de colaboración asinado con Turismo de Galicia o día 9 de agosto de 2023, a CMAT organizou o pasado xoves 23 de novembro, nas Torres do Allo, en Zas, unha reunión de traballo de carácter técnico sobre o proxecto de Astroturismo. Foron convocados os técnicos de turismo dos Concellos, ADL’s, técnicos de cultura, etc., así como os profesionais que realizaron o curso de monitores turísticos Starlight a principios deste ano 2023. 

 Na reunión tratáronse os seguintes puntos: 

  • Resumo das accións levadas a cabo desde a CMAT no proxecto esta anualidade en canto ao astroturismo. 
  • Resumo das achegas realizadas polos concellos sobre os mellores lugares para a observación nocturna e valoración conxunta. 
  • Conclusións do Congreso Internacional Starlight celebrado en Cuenca en outubro. Ideas e boas prácticas aplicables a Costa da Morte. 
  • Proposta e recollida de ideas sobre actividades relacionadas coa creación de produto turístico baseado no Astroturismo para a anualidade 2024. 

Algunhas propostas que se trataron:

  • Elaboración dunha axenda de xornadas de astroturismo 2024: Coordinación para a promoción conxunta baixo unha marca común, con actividades organizadas tanto por concellos como por empresas. 
  • Realización dun pequeno congreso sobre astroturismo: Baseado principalmente en creación de produto turístico e cunha parte de contaminación luminosa. 
  • Realización de comunicación específica en turismodeestrellas.com. 
  • Recollida de datos sobre os Monitores Starlight para a web visitacostadamorte.com.

Arquivado en:

Novas