X

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convida a cinco bloggers profesionais a vivir a experiencia do Camiño Fisterra e Muxía para dalo a coñecer nas súas redes sociais e nos seus blogs de viaxes

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convida a cinco bloggers profesionais a vivir a experiencia do Camiño Fisterra e Muxía para dalo a coñecer nas súas redes sociais e nos seus blogs de viaxes

Bo Saldaña, Leticia Pérez, Eva Abal, Dani Keral e Alberto Ribas partirán o 13 de setembro de Compostela para percorrer a Ruta Xacobea que leva á Costa da Morte, onde pasarán o final de semana mostrando o patrimonio e a natureza do destino.

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), entidade que xestiona a promoción do xeodestino Costa da Morte, convida a cinco bloggers profesionais especializados en viaxes a vivir a experiencia do Camiño de Fisterra e Muxía para dalo a coñecer nas súas redes sociais, que chegan a uns 130.000 seguidores de todo o mundo. Bo Saldaña, de El mundo Ok; Leticia Pérez, de Trucos viajeros; Eva Abal, de Una idea, un viaje; Dani Keral, de Un viaje creativo; e Alberto Rivas, de Alvientooo son os participantes na campaña O Camiño Continúa, impulsada pola CMAT, que preside Mónica Rodríguez, coa colaboración da Deputación da Coruña para promocionar o Camiño Fisterra e Muxía ao seu paso pola Costa da Morte no Ano Santo Xacobeo 2021. A iniciativa, que se desenvolverá na semana do 13 ao 19 de setembro do 2021, inclúese no programa de axudas e entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da colidade, competitividade e actividades turísticas no 2021.

Os cinco bloggers sairán da praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, na maná do próximo día 13 de setembro de 2021. Percorrerán diversos tramos do Camiño de Fisterra e Muxía no seu paso pola Costa da Morte. Desde ese luns e ata o venres, 17 de setembro de 2021, xornada na que está prevista a súa chegada a Muxía. A continuación, cada profesional pasará o fin de semana en diferentes zonas da Costa da Morte e compartirá a súa experiencia cos seus seguidores nas súas redes sociais (Instagram, Twitter e Facebook) e nos seus blogs.

O Camiño Continúa, que estará coordinada polo blogger Alberto Rivas, quere difundir, promocionar e impulsar o Camiño de Fisterra e Muxía (unha ruta que representa a continuidade do Camiño de Santiago que, tras chegar a Compostela, continúa ata a Costa da Morte) como destino turístico e, tamén, aproveitar esta vía xacobea para que os peregrinos visiten e coñezan o patrimonio, a natureza e a cultura que ofrecen os concellos que forman parte da CMAT, unha entidade sen ánimo de lucro que integra os diferentes axentes locais, públicos e privados, coa finalidade de desenvolver este territorio en materia turística.

Os cinco bloggers que xestionan blogs especializados en viaxes e que son referentes na blogosfera española, despois de percorrer os tramos do Camiño de Fisterra e Muxía, aloxaránse e utilizarán servizos turísticos asociados á CMAT, en colaboración coa Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM). Durante a andaina dos bloggers pola ruta xacobea que leva ata Muxía e Fisterra incorporaranse ao Camiño diferentes axentes locais para contribuir á súa promoción e difusión, en coordinación cos Concellos. CMAT gravará unha reportaxe da experiencia, que será empregada como reclamo turístico en canles online. 

A campaña O Camiño Continúa chegará aos 130.000 seguidores das redes sociais (Instagram, Facebook e Twitter) de Bo Saldaña, Leticia Pérez, Eva Abal, Dani Keral e Alberto Rivas, todos especializados en viaxes. Os seus blogs contan con máis de 475.000 visitas mensuais (El mundo Ok, 80.000; Trucos viajeros, 26.000; Una idea un viaje, 180.000; Un viaje creativo, 125.000, e Alvientooo, 65.000). Para non perder detalle, a experiencia de O Camiño Continúa pode seguirse nos blogs e perfís das redes sociais tanto dos bloggers coma da CMAT (Instagram, Twitter e Facebook).

Arquivado en:

Novas