X

Entrevista a Alfredo Cañizo, Concelleiro de Turismo de Malpica de Bergantiños

Entrevista a Alfredo Cañizo, Concelleiro de Turismo de Malpica de Bergantiños

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Malpica de Bergantiños. Malpica é un dos portos baleeiros que houbo na costa de Galicia no século XVII. A historia sinala que foron os mariñeiros vascos os que fundaron esta poboación concibida como unha base de operacións para a flota que capturaba cetáceos neste recuncho atlántico.

Na actualidade, Malpica de Bergantiños é un dos portos máis importantes da pesca artesanal de Galicia. O principal núcleo de poboación é a capital municipal, que dá nome ao municipio, aínda que tamén temos localidades coma Buño, Seaia ou Cerqueda nos que se agrupan a maior parte dos veciños do territorio. 

Hoxe amosámosvos o concello dende o punto de vista de Alfredo Cañizo, Concelleiro de Turismo. Deixámosvos as mellores respostas: 

Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?

A Costa da Morte é a miña vida.

Tres motivos para descubrila

Cultura, gastronomía e calor humana da xente.

En qué época do ano che gusta máis Costa da Morte e por que?

No inverno pola calidade de vida, convértese nun remanso de paz interior para as persoas.

Para os turistas que se animan a visitarvos fóra da tempada de verán, que experiencias non poden perderse?

As visitas obrigadas son a nosa cultura e gastronomía, as rutas como O Camiño dos Faros e a olería de Buño.

Ademais do Faro Punta Nariga, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?

As Sisargas, a olería de Buño, as rutas de sendeirismo e as visitas ao porto ou á lonxa. 

Galicia en xeral, e Costa da Morte en particular, son sinónimo de boa comida, algunhas recomendacións de pratos típicos para descubrir Malpica mediante o padal?

Caldeirada, polbo, empanadas, e todo o que se captura no noso mar. E como non, as mellores carnes. 

Que vos contan os que vos visitan? Que é o que máis lles apaixona da súa estancia en Malpica? E de Costa da Morte?

Que lles gusta a nosa familiaridade, a nosa costa, a nosa gastronomía e que repetirán sen dúbida. 

As túas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades náutico-deportivas?

Area Maior, As Torradas e Seiruga, todas en Malpica.

Para os amantes do sendeirismo... cal recomendas no teu concello? E cal é a túa preferida en Costa da Morte?

O Camiño dos Faros.

Que lugar cres que é o gran descoñecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?

O miradoiro astronómico do Mar ás Estrelas en Punta Nariga.

Onde atopamos a mellor posta de sol?

No faro de Punta Nariga.

 

Arquivado en:

Entrevistas