X

Esta fin de semana en Vimianzo desenrolaranse as "Xornadas de Patrimonio Cultural e Desenvolvemento Local"

Esta fin de semana en Vimianzo desenrolaranse as "Xornadas de Patrimonio Cultural e Desenvolvemento Local"

Os proximos 30 de novembro e 1 de decembro terán lugar en Vimianzo na Escola de Señoráns as primeiras "Xornadas de Patrimonio Cultural e Desenvolvemento Local" organizadas pola Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia (AFIPRODEL)

O programa comezará cunha recepción dos asistentes e inauguración o vindeiro venres Recepción de asistentesseguido dunha serie de poinencias divulgativas como a  posta en valor do
patrimonio cultural desde a acción municipal, o patrimonio cultural nas estratexias de turismo. A CMAT poñerá en valor o "Plan de acción da Costa da Morte" presentado polo seu presidente e alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro.
O sábado a xornada comezará cun Networking e café de benvida seguido da intervención de Guillermo González Díez, Xerente do GALP Costa da Morte. Tamén estaran presentes, entre outros, ao longo do día
 a artésa e artista, Viki Rivadulla e José Antonio Vila García, xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte que explicará de forma pormenorizada o proxecto Leader. A clausura terá lugar á unha da tarde depois dun periodo de debate sobre o exposto ao longo da xornada.

Arquivado en:

Novas