X

Este outono, ás "sete no espazo"

Este outono, ás "sete no espazo"

 
 
Semana do 15-21 de Outubro 
 
Xoves 18: O próximo xoves 18 comezaremos coa proxección de documentais da serie “De Re Naturae” de Francisco Javier Lema, co que contaremos tamén no Espazo para coñecelo persoalmente e coñecer as curiosidades e modus operandi da realización dos seus filmes.
 
Venres 19: O venres 19 comezan as “Conversas no luscofusco” coa “Mirada superficial ao noso patrimonio” con Evaristo Domínguez Rial onde falaremos do patrimonio de forma introdutoria prestando tamén a atención a aspectos como o patrimonio inmaterial.
 
Sábado 20: O sábado 20 será a “Limpeza simultánea de praias” en Baldaio, neste caso a hora de referencia será ás 11h da mañá, partindo dende as Saíñas. Para participar na actividade requírese simplemente avisar ao teléfono 617197591 e opcionalmente levar luvas para protexer as mans.
  
 
Semana do 22-28 de Outubro
 
Filme (25 Out): “Doli doli doli… coas conserveiras. Rexistro de traballo“. Producido por Uqui Permui. Duración: 1h. Acerca do papel das mulleres nas conserveiras e as súas condicións de traballo e dereitos laborais nunha das industrias máis características de Galicia e da nosa zona. Conversa no luscofusco (26 Out): “Recolleita e gardado de sementes” con Ramón Nogueira González. Acerca das metodoloxías para a conservación e uso das sementes na nosa horta.
 

Semana del 22-28 de octubre.  

Película (25 fuera): "Doli doli doli ... con conservadores. Registro de trabajo ". Producido por Uqui Permui. Duración: 1h. Sobre el papel de las mujeres en los conservatorios y sus condiciones de trabajo y derechos laborales en una de las industrias más características de Galicia y nuestra área. Conversación en Luscofusco (26 Out): "Recolección y almacenamiento de semillas" con Ramón Nogueira González. Sobre las metodologías para la conservación y uso de semillas en nuestro huerto.

 
Semana do 5-11 de Novembro
 
Filme (8 Nov): “Touro – O Pino: A ameaza do cobre“. Realización de Xosé Bocixa. Duración: 55m. Filme que presenta o caso da defensa ambiental das terras dos veciños dos concellos de Touro e O Pino en contra do novo proxecto da megamina de cobre. Conversa no luscofusco (9 Nov): “Nocións básicas sobre megalitismo” con Evaristo Domínguez Rial. No que falaremos do antigo período e manifestación cultural das grandes pedras, das que aínda conservamos numerosas construcións que dan testemuña da grande actividade dos nosos ancestros e a importancia e repercusión que tivo na nosa rexión.
 
 
Semana do 12-18 de Novembro
 
Dentro do conxunto de actividades realizadas na Semana do Volframio que coordinará a Plataforma pola Defensa do Monte Neme, adaptarase a programación para tratar temas relativos ao Volframio e á mina do Monte Neme. Filme (15 Nov): Documental acerca do Volframio nas Minas da Borralha e conversa cos maiores da zona. Veremos o caso das veciñas Minas de Volframio da Borralha en Portugal, unha das grandes reservas deste estratéxico mineral na Península Ibérica. Conversa no luscofusco (16 Nov): “Bergantiños capital do Volframio” con Xan Xosé Fraga Rodríguez. Na que falaremos do contexto social e xeopolítico da nosa bisbarra deste mineral chave na II Guerra Mundial.
 
Semana do 19-25 de Novembro
 
Filme (22 Nov): “O Retorno do Guincho” de Francisco Javier Lema Fuentes. Contaranos o esforzo de recuperación e conservación na Península Ibérica desta ave rapaz. Este outono, entre castaña e castaña conversamos xuntos no luscofusco. Falamos de natureza, cultura e sociedade, ás sete no Espazo.
Todas as actividades deste programa son libres e de balde e realizaranse ás 19h da tarde no Espazo da Natureza de Oza (única limitación a capacidade do ENO) salvo a limpeza de praias que se levará a cabo en Baldaio con punto de quedada nas Saíñas.

Arquivado en:

Novas