X

Faro de Corcubión

En 1847 decídese pola Comisión de Faros a colocación dun punto de iluminación que facilitase a entrada na ría de Corcubión. A localización elixida foi o chamado Cabo Cee.

O faro iluminouse por primeira vez o 31 de xullo de 1860. Despois de varias melloras, en 1934 automatizouse.

O edificio é de planta cadrada, con cuberta a catro augas, elevado sobre unha plataforma de pedra. A lanterna está situada nunha torre pegada ao muro sur.

+información