X

Faro de Lariño

Situado nun saínte rochoso coñecido como Punta Ínsua, ao norte da praia de Lariño.

Foi creado para asegurar a navegación despois de diferentes naufraxios. Construíuse entre os anos 1913 e 1921. A planta é basicamente rectangular (ten dúas pequenas ás na fachada principal).

Este elemento arquitectónico xunto a un emprazamento excepcional como é Punta Ínsua, entre dúas praias, achegan gran beleza a este zona costeira.

É un excelente miradoiro do litoral desde o que se pode apreciar Fisterra, e todo o bordo costeiro desde a praia de Simpron (Lira) ata o porto do Ancaradoiro ou o cume do Monte Louro (Muros).

+información