X

Faro Illas Lobeira

Faro Illas Lobeira

As Illas Lobeira son dous pequenos arquipélagos que reciben o nome de Lobeira Grande e Lobeira Moza ou Pequena. Están situados en plena ría de Corcubión, en fronte da costa de Carnota.

A orixe do nome destas illas non está moi claro. Por unha banda crese que en épocas anteriores estivesen habitadas por lobos mariños. Mentres que por outra banda, os mariñeiros consideraban estas illas un perigo para a navegación, esperaban escondidas como un lobo a que un barco chocase contra elas.

Estas illas foron escenario dun sinfin de naufraxios, entre eles o de dous mercantes gregos, o Polymia en 1904 e anos antes, no mesmo sitio, o Skuld en 1901. A chamada Lobeira Grande, na cal se conserva o faro automatizado, estivo habitada por fareros. O primeiro faro data do 1906, sendo un faro de 4ª orde. O edificio incluía a vivenda do farero, un almacén de alimentos e mercadorías e unha oficina para o enxeñeiro do faro.