X

Faro Vilán e Museo do Faro

Situado estratexicamente na Costa da Morte, a 5 km de Camariñas, este faro aséntase sobre o Cabo Vilán. O seu uso é de gran importancia para a navegación por esta perigosa costa.

O anterior faro, do que aínda hoxe pódense ver os restos, acendeuse por vez primeira en 1854. Era un faro de cuarta orde, alimentado por aceite e cun alcance de 10 millas, pero non era capaz de salvar a pedra máis elevada do cabo, o que producía unha perigosa zona de escuridade no lugar onde se sitúan uns baixos rochosos. Dinamitouse a pedra e aumentouse a altura da torre, pero non se puido solucionar o problema do ángulo cego. A traxedia do Serpent en 1890 e a doutros barcos naufragados fixeron que as autoridades españolas decatásense da deficiente iluminación do faro e así, en 1896, inaugurouse o novo faro, o primeiro de España que funcionou con enerxía eléctrica.

O museo, situado no Faro Vilán, divulga información da historia dos naufraxios e dos faros da Costa da Morte a través de proxeccións en vídeo, pezas reais, fotografías e paneis con visores, para finalizar cunha simulación dun percorrido polo interior da torre do faro.

+información

Horarios

Especial Semana Santa: de mércores a domingo 10:00h - 14:00h | 15:00h - 18:00
Verán (xullo-agosto): de martes a domingo 10:00h - 14:00h | 15:00h - 19:00
Resto do ano: de mércores a domingo 10:00h - 14:00h | 15:00h - 18:00 (pechado luns e martes por descanso)
PECHADO de decembro a Semana Santa