X

Festa do percebe en Corme

Festa do percebe en Corme

Desde 1992, celébrase esta festa-exaltación do famoso percebe do Roncudo. Durante un día, o pobo de Corme é tomado por xentes de todos os lugares en busca dese prezado manxar. A data da festa do percebe está moi pensada polos organizadores, xa que pensando en como estará a lúa por esas datas, sábese que as mareas dos tres días anteriores serán moi baixas, e por tanto haberá máis percebe ao alcance dos intrépidos e intrépidas percebeiras na temible e fermosa pedra do Roncudo (onde din que está o mellor percebe do mundo). Máis de 1000 quilos de percebes serán degustados da forma máis saborosa que se coñece, que non é outra que acompañados dun bo viño e un bo prato de cachelos (patacas cocidas coa súa pel).

Este suculento prato, que noutros tempos era comida de pobres, hoxe está considerado como un manxar exquisito, e non é nin máis nin menos que os produtos que nos ofrecen a terra e o mar xuntos, sen outro condimento nin outra elaboración que unha cocedura en auga. Segundo os organizadores esperan contar coa presenza de seis ou sete mil persoas, para as cales teñen preparados máis de 1000 metros cadrados de espazos cubertos por se a choiva, cousa nada rara nos veráns galegos, e como non todo vai ser darlle gusto ao estómago, tamén se poderá gozar dunha festa animada por grupos tradicionais e charangas, como nos bos tempos que din os maiores.

Nos últimos anos, a festa ha aumentando aínda máis se cabe o seu tirón popular, e o ambiente de festa vívese desde primeira hora da mañá cando chegan as distintas penas das poboacións próximas.

Arquivado en:

Festas e ferias Festas e gastronomía