X

A CMAT convida á xente a compartir os seus recordos na Costa da Morte coa iniciativa #FotoDoMes

A CMAT convida á xente a compartir os seus recordos na Costa da Morte coa iniciativa #FotoDoMes

A Foto do Mes nace como unha iniciativa para que a xente que visita a Costa da Morte poda compartir os seus recordos e que cheguen a máis xente.

Desde a Asociación Turística da Costa da Morte (CMAT) impúlsase a iniciativa #FotoDoMes a través da súa conta de Instagram. Deste xeito, convídase á xente que utiliza esta rede social a compartir os seus recordos en calquera recuncho da Costa da Morte.

Ao final de cada mes, a CMAT seleccionará a mellor foto de entre as que participen para ser publicada nas propias redes da Asociación.

O xeito de participar é moi sinxelo: a xente deberá subir as súas fotos na Costa da Morte a Instagram, etiquetar á CMAT (@visitacostadamorte) e utilizar o cancelo #visitacostadamorte.

Esta iniciativa preséntase como unha oportunidade para que as fotos das persoas cheguen a máis xente e para crear unha comunidade máis conectada dentro das propias redes sociais da CMAT.

Máis información e participación: https://www.instagram.com/p/C7l0CMoqFPY/

Arquivado en:

Novas