X

Hórreo de Carnota

É un dos elementos polo que Carnota é máis coñecida.

Recoñecido como Monumento Nacional, é o hórreo máis grande de Galicia de estilo "Fisterrán".

Este hórreo foi construído en 1768, pero foi en 1783 cando se ampliou con once novos pares de pés. Ten 34 metros de longo e 1,90 metros de ancho. De planta rectangular, cámara pechada con columnas horizontais que deixan entre elas rendijas para a ventilación, conta con 22 pares de pés. Nun dos lados ábrense tres portas de acceso ao interior e pináculos de estilo barroco. Remata en cruz asentada nunha bóla.

Forma parte dun conxunto arquitectónico e histórico de gran beleza e importancia, xunto á casa reitoral, o pombal e a Igrexa de Santa Comba.

+información