X

Igrexa de San Cristovo de Corzón

Igrexa de San Cristovo de Corzón

Situada no Camiño que de Santiago conduce a Fisterra, esta sinxela construción dunha nave cuberta cunha armadura de madeira, e que se prolonga nunha capela maior románica, coroada por bóveda de canón e na que se ingresa por un arco triunfal de medio punto apoiado en medias columnas encostadas. Exteriormente podemos resaltar a pureza da súa volumetría, realzada por unha moi coidada cantería e pola ausencia de elementos torreados ao construírse a espadana afastada da igrexa, nunha posición planimétrica máis alta e máis idónea para a súa eficacia de convocatoria.
Son moi interesantes os retablos, tanto os laterais de estilo barroco, como o maior, de formas neoclásicas. A imaxinería, basicamente da segunda metade do século XVIII, completa moi dignamente este interesante conxunto.