X

Igrexa San Martiño de Cores

Igrexa San Martiño de Cores

A igrexa de San Martiño de Cores é unha construción do século XIII remodelada no século XVIII. A planta é de cruz latina con dúas capelas cubertas por bóvedas de canón, con arcos faixóns. O presbiterio está cuberto por unha bóveda de forno. A fachada é de estilo barroco, cunha porta alintelada, sobre ela unha fornela co santo, un van cadrado e unha torre campanario que destaca sobre a construción. Sobre a bóveda da sancristía descubriuse un ara romana invertida.