X

MACCMO: Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte

 MACCMO: Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte

Cando falece Julio Pujales, pintor coruñés,  de xeito repentino, ós 58 anos, a súa dona, Cristina Torre Cervigón,coruñesa tamén, decide   crear unha Fundación para dar a coñecer o seu legado artístico e difundir a súa obra.Nace así a Fundación Torre-Pujales, xerme do Museo de Corme.

A Fundación nace coa intención non só de dar a coñecer a súa obra senon tamén de conceder becas á creación e ser epicentro cultural para toda a Costa da Morte, creando un punto de encontro cultural que, partindo de Corme e en colaboración con toda a Costa da Morte sirva para mellorar a calidade do turismo e proxectala culturalmente no mundo.

Por Corme teñen pasado xa máis de 50 becados, artistas plásticos de recoñecido prestixio e traxectoria consagrada de distintas nacionalidades: Francia, Suiza, Alemania, Italia, Rusia, Holanda, EE.UU., Arxentina, Brasil,etc. Os artistas becados no piso-estudio de Corme convértense nos mellores embaixadores da Costa da Morte unha vez rematan a súa beca de residencia e voltan aos seus países de orixen.

A Fundación Torre-Pujales é unha organización de natureza fundacional, sen ánimo de lucro.Está declarada de interese cultural, de ámbito nacional e de interese cultural galego.