X

Éxito na presentación dos manuais para a prevención ante a COVID-19 do sector turístico da Xunta de Galicia

27/05/2020

Éxito na presentación dos manuais para a prevención ante a COVID-19 do sector turístico da Xunta de Galicia

Onte a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia presentou mediante un webinar os manuais para a prevención ante a COVID-19 do sector turístico cun grande éxito de asistencia. Máis de mil persoas seguiron onte a través de streaming e da canle de Youtube – onde se pode consultar actualmente o vídeo- á presentación, que constou da intervención dos/as expertos/as que asesoraron na elaboración dos devanditos manuais e dunha rolda de preguntas posterior na que os/as profesionais do turismo galego trasladaron as súas dúbidas.

Antes de comezar as quendas dos profesionais, o concelleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez quixo intervir para agradecer a implicación dos expertos na elaboración dos manuais, así coma do compromiso do sector privado para colaborar coa Administración pública nestes momentos de inquedanza. Nas súas palabras, o obxectivo actual é “lograr que Galicia sexa un destino seguro 100%” e “que a seguridade sexa a mellor carta de presentación” para o noso turismo. Aproveitou para salientar a importancia do turismo para o PIB galego, así coma a cantidade de familias e postos de traballo que dependen directamente deste sector. Por iso, estes manuais son de importancia vital para a volta á “normalidade”, xa que están adaptados ás características e circunstancias propias de Galicia, funcionando como “unha folla de ruta”. Os manuais son só unha das fases do plan da Xunta para a posta a punto do turismo na comunidade, que se complementará con accións formativas -máis de 500 en palabras do conselleiro-, asesoramento para os/as profesionais vía telefónica e un paquete de axudas económicas do programa Galicia Destino Seguro.

Logo das palabras de Rodríguez, chegou o momento das intervencións dos expertos. Tomou a palabra en primeiro lugar Juan Gestal, profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago. Quixo salientar en primeiro lugar que estas directrices “estaban vivas” e que se poderán ir adaptando a medida que as circunstancias van cambiando en relación á COVID e aos descubrimentos que se fagan. A continuación, apelou á dobre responsabilidade dos/das profesionais da hostalería e turismo: por un lado coma cidadáns, coas medidas de hixiene que todos/as debemos cumprir; e por outro nos seus establecementos cas premisas de desinfección e ventilación, control de temperatura dos empregados...

O resto das intervencións foron na mesma liña, salientando cada experto/a os elementos máis vinculados á súa área. Por exemplo, Elvira Íñiguez , xefa de sección de sistemas de información no servizo de epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública recordou os tipos de mascarillas existentes no mercado e cal é adecuada para cada persoa dependendo das súas circunstancias. Na rolda de preguntas, os/as asistentes trasladaron as súas inquedanzas con temas como o uso de luvas e máscara por parte de camareiros/as e cociñeiros/as.

Tódalas guías xa se poden atopar para consulta e descarga na web da Xunta ou na nosa propia web premendo na seguinte ligazón: Manuais COVID

Arquivado en:

COVID-19 NOVAS DE INTERESE Novas