Marketing e Comercialización de actividades de turismo activo e deportivo.
¿Por qué os profesionais do turismo de Costa da Morte non poden faltar ao curso?
- Porque o turismo activo e deportivo é un nicho de mercado crecente, que está xa entre as tres principais motivacións para viaxar entre os turistas extranxeiros que visitan España, e xera ingresos anuais de 12.500 millóns de euros. Tanto os eventos deportivos como as actividades deportivas máis practicadas durante os períodos vacacionais teñen un importante impacto económico nos territorios nos que se desenvolven; presentando ademáis dúas características de especial interés para todo o sector turístico: os turistas deportistas teñen unha maior estancia media que o turista convencional, e además é un turismo claramente desestacionalizador. E Costa da Morte, debido aos seus recursos naturais privilexiados, presenta grandes posibilidades de desenvolvemento neste ámbito, tal e como demostra o crecemento na cantidade e calidade das actividades e eventos organizados nos últimos anos, e na participación e repercusión que están obtendo. Coñeceremos exemplos exitosos e ferramentas prácticas que nos axuden a obter un mellor aproveitamento destas actividades e a incrementar a captación destes segmentos espacíficos de turistas, tanto a nivel empresa como destino.
¿Que nos dirías dos mestres que impartirán o curso?
- Os técnicos de Goodlife Consultores dispoñemos dunha sólida formación e experiencia nos ámbitos do turismo e do deporte, desenvolvendo algúns dos principais produtos de turismo activo e deportivo en Galicia, como Galicia Destino Activo, ou os produtos de turismo de surf Galicia Surfing e Costa das Ondas. Jacobo Suarez, CEO de Goodlife, é experto en turismo deportivo, con máis de 20 proxectos realizados no ámbito da creación de productos e destinos neste ámbito, así como na mellora da competitividade sectorial; posúe ademáis 15 anos de experiencia na dirección de proxectos na administración pública e na redacción de leis e decretos nos ámbitos turístico e deportivo. Pola súa banda, Rita Rodríguez é especialista en promo-comercialización, específicamente en mercadotécnia dixital para destinos e produtos turísticos, e con experiencia en xestión de produtos de turismo activo e deportivo, tanto como consultora como na administración pública. E, por último, María Mesías é consultora dende hai máis de 14 anos no sector turístico e Experta Técnica da Organización Mundial de Turismo de Nacións Unidas (UNWTO) na área de mercados e demanda nacional e internacional; é especialista en planificación e competitividade turística, deseño e implantación de produtos, e innovación e mellora territorial e empresarial.
¿Qué creédes que se está facendo bien na Costa da Morte no ámbito do voso curso?
- Costa da Morte está traballando moito e moi ben para desenvolver e posicionar o xeodestino como destino de turismo activo e deportivo no medio natural, sacando partido dos seus excepcionais recursos para o desenvolvemento de actividades económicas e turísticas arredor deste nicho, algo que poucos destinos en Galicia están aproveitando a día de hoxe. E ademais isto estase facendo desde tódolos niveis, tanto por parte da administración como das empresas privadas e do tecido asociativo. Por iso son tan importantes iniciativas como as que se están desenvolvendo por parte da Asociación Turística CMAT, tratando de poñer en común todo este traballo en prol dun mellor aproveitamento turístico por parte de todo o destino, e xerando oportunidades económicas sostibles para o territorio.
Adiantadenos algo da parte práctica do curso…
- Por unha banda, haberá unha parte práctica a nivel individual, xa que traballaremos con cada participante sobre unha diagnose individualizada e asesoramento online para a mellora das súas estratexias de promo-comercialización, ben a nivel empresa ou ben a nivel destino. E, por outra banda, traballarase conxuntamente na creación dunha campaña de turismo activo-deportivo, enfocada sobre todo ao aproveitamento dos eventos deportivos que se celebran no territorio.
¿Qué se levarán os vosos alumnos do curso?
- Unha nova perspectiva sobre as posibilidades do turismo activo e deportivo, e coñecemento específico e ferramentas prácticas para mellorar a promoción e comercialización dos seus destinos e actividades.
María Mesías. Directora de proxectos de Goodlife Consultores.