X

Mazachef e o III Campus de Fútbol, propostas para as nenas e nenos en Mazaricos

Mazachef e o III Campus de Fútbol, propostas para as nenas e nenos en Mazaricos

O Concello organiza dúas actividades, a maiores do campamento que xa se está a desenvolver para que as nenas e nenos de Mazaricos teñan un verán divertido e as súas familias poidan conciliar. Por unha parte, chega o III Campus de Fútbol. Os técnicos de deporte do Concello agardan que o éxito das dúas anteriores convocatorias se repita este ano. As inscricións faranse no 981 86 71 04 en horario de 08.00h. a 14.00h. A actividade será do 23 ao 31 de xullo. Poden anotarse nenas e nenos de Mazaricos e tamén doutros concellos.

Ademais, chega a primeira edición de Mazachef, un obradoiro de cociña destinado a mozos e mozas de entre 12 e 16 anos. Desenvolverase do 1 ao 10 de agosto na aula gastronómica. Calquera persoa do Concello que queira anotarse debe descargar a autorización na web www.mazaricos.gal.

 

 

 

Arquivado en:

Novas