X

Mirador de Santa Marta

Mirador de Santa Marta

Está situado no alto do Monte de Santa Marta, entre as parroquias de Coiro, Soandres e Soutullo, a unha altura de 432 metros. Antigamente, aquí atopábase a capela de Santa Marta, da que aínda se conservan os restos.

O miradoiro é un espazo natural recuperado polo Concello e que hoxe se converteu nunha ampla área de recreo, equipada con grellas, bancos e mesas, desde a que se pode gozar de impresionantes vistas do noso municipio e doutros lugares da comarca de Bergantiños.
Para visitar o miradoiro-área de recreo existen varios itinerarios. Partindo da Laracha capital, o máis simple é pola estrada A Laracha-Cerceda, en dirección á Xesta (Soutullo).