X

Modulo formativo de mellora da competitividade da hostalaría e empresas turísticas da Costa da Morte.

Modulo formativo de mellora da competitividade da hostalaría e empresas turísticas da Costa da Morte.

¿Por qué profesionales del turismo de Costa da Morte no se pueden perder el curso?

O propio título do programa formativo o di. Para mellorar a competitividade das súas empresas a nivel gastrónomico e tamén a comunicación e comercialización dos seus produtos.

 

¿Qué nos dirías de los profesores que impartirán el curso?

Contaremos con profesionais de primeiro nivel, tanto no que se refire ao coñecemento e á correcta utilización dos produtos locais, como o seu tratamento culinario. Contaremos con reputados cociñeiros emerxentes do panorama galego que aportaran unha visión innovadora da nosa cociña. AS sesións teóricas serán impartidas por Jorge Guitián, un dos máis reputados expertos en gastronomía de Galicia. No que se refire á comunicación contaremos con Javi Mos, comunity manager de diversas empresas hosteleiras.

 

¿Qué creéis que se está haciendo bien en Costa da Morte en el ámbito de vuestro curso?

 Estase incrementando a oferta de produto local de calidade. Hai unha modernización e mellora xeral dos establecementos e da atención ao público. Precisase máis persoal formado.

 

Adelantadnos algo de la parte práctica del curso…

 O curso vai orientado a profesionais da cociña. Un curso de 30 horas de duración non pode pretender ensinar o oficio. Iso xa o saben. Centrarémonos en incluír coñecemento moi cualificado sobre o uso dos produtos (cortes de carne e peixe, utilización de novos produtos, como algas...) ferramentas para aumentar a rendibilidade dos seus negocios e tamén para posicionarse no mercado.

 

¿Qué se llevarán vuestros alumnos del curso?

Gañas de aplicar os novos coñecementos adquiridos

 

Daniel Oca González. Consultor de Acerta Formación


Arquivado en:

Novas