X

Modulo formativo sobre inglés básico e avanzado

Modulo formativo sobre inglés básico e avanzado

¿Por qué os profesionais do turismo de Costa da Morte non se poden perder o curso?

- Porque sen comunicación non hai venta e o inglés é hoxe a lingua universal. Ante un perfil viaxeiro más variado cada día, adquirir unhas nocións básicas de inglés adaptadas ao noso negocia é unha ferramenta tan básica e necesaria como calquera outro aspecto fundamental do servizo hostaleiro

¿Qué nos dirías dos mestres que impartirán o curso?

- Son Paula Fraga, a día de hoxe traballo como guía oficial de turismo de Galicia e estiven relacionada co sector servizos durante anos. Son unha apaixonada de Galicia e o seu produto e non quero que ningún profesional se quede sen palabras porque ante un cliente, nós somos embaixadores da nosa terra.

¿Qué creédes que se está facendo ben na Costa da Morte no ámbito do voso curso?

- Coa progresiva profesionalización do sector, hoxe a meirande parte dos hostaleiros posúen nocións básicas de inglés e son conscientes da importancia dunha boa tradución nos menús ou de como comunicar para vender. Ser sabedor dos puntos máis fracos e querer mellorar é o primeiro e máis importante paso para lograr obxectivos.

Adiantadenos algo da parte práctica do curso…

- Falar, falar e falar. En inglés e dende o minuto un. Non hai outro xeito e ademáis é posible aínda que sexa a primeira vez.

¿Qué se levarán os vosos alumnos do curso?

- Unha ferramenta útil para o seu día a día, a certeza de que son quen de comunicarse en inglés e un empoderamento perante un servizo que antes do curso resultaba case imposible e frustrante.

 

Paula Fraga. Octopus to the party.

Arquivado en:

Novas