X

Monte Pindo

De visita obrigada en Carnota, o Monte Pindo levántase desde o propio mar como un xigante de 642 metros de altura. Baixo a forma dunha mole granítica, chea de misterio, alberga infinidade de lendas. Tamén se di que no Monte Pindo rendían culto ao sol os celtas galegos, facendo del o seu Olimpo, e abundan as referencias que del fanse na literatura galega, o que contribuíu a asentar o seu carácter mítico.
A tradición popular sostén que no Monte Pindo descansan os restos da Raíña Lupa xunto cun tesouro de incalculable valor infinitas veces buscado.

O traballo de erosión converteu este macizo nun rechamante conxunto de estrañas figuras zoomorfas e antropomorfas, que a imaxinación popular atribuíu, a miúdo, a forzas sobrenaturais. Bastará con botar unha atenta mirada ao noso ao redor para sorprendernos observando rocas que repentinamente se converten en xigantes, guerreiros, tartarugas, aguias e tantos outros seres como á nosa imaxinación antólleselle.

Paseando por estas paraxes podemos atopar exemplares de carballo anano, un pequeno arbusto que raramente supera o metro e medio de altura, con tendencia a crecer horizontalmente.

+información