X

Mosteiro de San Pedro de Soandres

Mosteiro de San Pedro de Soandres

Os datos conservados respecto da súa orixe parecen situar a súa fundación no primeiro cuarto do século X. Segundo o historiador López Ferreiro, consérvase nos índices do arquivo de San Martiño Pinario un documento sobre o mosteiro de Soandres, onde viviu o bispo Don Nuño, que fai referencia a unha sentenza dada no ano 922, estando en Soandres co conde Froilán Menéndez.
Lucas Álvarez atribúe a fundación do mosteiro aos pais de Conde Pelayo, que realizan unha doazón a esta igrexa nun documento datado no ano 990.

Desde a súa fundación este templo benedictino posúe unha notable importancia ao exercer influencia sobre gran parte do que hoxe coñecemos como Bergantiños.

Ata o ano 1351, e durante catro séculos, o mosteiro de Soandres estaba baixo o padroado de san Salvador. Foi entón cando o rei de Castela, Pedro I, nunha demostración da protección que lle profesaba ao templo, decidiu eximilo de pagar os impostos de ?yantare e colleita?. Os monxes, como mostra de agradecemento, cambiaron a dedicación do cenobio a san Pedro.
Foi a finais do século XV e principios do XVI cando o mosteiro comeza a perder privilexios debido á reforma dos Reis Católicos. O templo convértese nesta época nun priorado dependente do mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, unión confirmada polo papa Alejandro VIN o 1 de outubro do ano 1500.
A vida monástica finaliza o 6 de decembro do ano 1835. O mosteiro perde as súas propiedades e a súa función limítase, desde entón, á de igrexa parroquial.