X

Museo Fernando Blanco. Escola das nenas

A súa construción débese ao filántropo nado na vila a finais do século XVIII, don Fernando Branco de Lema, que no seu legado deixou abundantes fondos para a construción dun colexio de primeira e segundo ensino, o actual Instituto Fernando Branco.

O colexio-instituto é unha obra de gran beleza arquitectónica de estilo ecléctico construído a finais do século XIX. No seu interior merece a pena contemplar a biblioteca de incalculable valor pola riqueza e calidade dos seus fondos, e a capela onde están depositados os restos do fundador nun mausoleo de mármore branco. Ademais deste edificio, podemos gozar do fantástico xardín botánico que o rodea, que conta coa presenza de exemplares centenarios de diversas especies traídas de diferentes partes do mundo.