X

Nove locais formaran parte nesta fin de semana da ruta "Paiosaco sabe a tapas"

Nove locais formaran parte nesta fin de semana da ruta "Paiosaco sabe a tapas"

A primeira edición da ruta ‘Paiosaco sabe a tapas’ que se celebrará desde mañá venres e ata o domingo foi presentada hoxe no centro sociocultural de Paiosaco, nun acto no que participaron o alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, e representantes dos locais que formarán parte desta iniciativa.

En total serán nove os establecementos de Paiosaco e no seu entorno nos que se despacharán elaboracións orixinais ao prezo de 1,50 euros o venres (de 20:00 a 24:00 h) o sábado (de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 24:00 h) e o domingo (de 12:00 a 15:00 h). As tapas dispoñibles neses horarios son as seguintes:

  • Café Bar A Eira: Tenreira guisada en salsa de cogomelos.
  • Café Bar Balbís: Espetada da paixón
  • Café Bar Bello Campo: Costela de porco con salteado de verduras.
  • Café Bar Lestón: Coello con beicon e champiñóns en salsa de viño tinto con arroz.
  • Cervecería Norte: Bacoriño en cama de queixo.
  • Cervecería O Cepo: Tigres con gambas e bechamel.
  • Bar Parrillada O Fogón da Pía: Pastel de cocido con grelos.
  • Cafetería Cervecería Suiza: Solombo de porco con salsa de castañas e cogomelos.
  • Cafetería Trevi: Cocido Trevi.

A Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco amenizará as xornadas realizando ruadas pola vila. Outro aliciente para disfrutar das tapas será que os consumidores poden entrar no sorteo de máis de trinta regalos que foron doados tanto polos locais participantes como polas empresas que colaboran co Concello da Laracha na organización da ruta.

 

Arquivado en:

Novas