X

O 23 e o 30 de decembro, últimas oportunidades para visitar Torres do Allo no 2017

O 23 e o 30 de decembro, últimas oportunidades para visitar Torres do Allo no 2017

Os domingos 24 e 31 de decembro o pazo das Torres do Allo, no Concello de Zas, permanecerá pechado, polo que o vindeiro sábado 23 preséntase como a penúltima oportunidade de visitalo neste ano. O Nadal chega á Costa da Morte e un plan perfecto para completar as nosas festas é visitar o primeiro pazo de Galicia e o seu marabilloso entorno. Como é habitual, haberá visitas guiadas á 13:00 e ás 17:00, onde descubrir as historias que gardan as pedras deste monumento histórico-artístico.

Ademais de gozar da súa arquitectura e contemplar a exposición permanente de oficios tradicionais galegos, os máis cativos poderán realizar o Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres”. Unha visita lúdico educativa na que tódolos nenos rematarán cunha recompensa a modo de tesouro. O vindeiros dous domingos, en horario de 11:00 a 19:00 serán as últimas dúas oportunidades de visitar o pazo no 2017, un ano de auténtico récord en Torres do Allo, con máis de 7.000 visitantes de toda nacionalidade e procedencia, situándose como o recurso turístico-cultural da Costa da Morte que máis medra.

Arquivado en:

Novas