X

O 9º Autocross Concello de Carballo abre o calendario autonómico coa inscrición máis alta dos últimos anos

O 9º Autocross Concello de Carballo abre o calendario autonómico coa inscrición máis alta dos últimos anos

Co  9° Autocross Concello de Carballo comeza este sábado no Circuíto Municipal de Bértoa, organizado pola escudería local Máis Motor, o campionato galego da especialidade. Será a primeira das dúas citas do calendario autonómico que se disputen na nosa vila; pola seguinte teremos que agardar ata o 29 e 30 de setembro. 64 pilotos, entre eles os mellores condutores da comarca, loitarán polo triunfo nas catro categorías en competición: 14 na categoría de -1.600 c.c., 15 na de +1.600, 31 en carcross e 4 na de 4x4.

Como en anteriores edicións, a proba terá un carácter solidario, tamén este ano a beneficio de Cruz Vermella, que instalará no circuíto unha caseta onde recollera doazóns de produtos de primeira necesidade destinados ás familias con menos recursos. Tras as verificacións técnicas e administrativas da mañá, ás 12.00 horas comezarán os adestramentos libres; ás 13.15, os adestramentos oficiais; ás 15.30, as semifinais ás 17.15, as finais B; e ás 18.20, as finais.

Arquivado en:

Novas