X

O "Asalto ao Castelo" celebra os 550 anos do histórico ataque

O "Asalto ao Castelo" celebra os 550 anos do histórico ataque

Achégase o verán e con el, o calor do lume dos fachos da revolta do Asalto ao Castelo de Vimianzo. A súa vixésimoterceira edición celebrarase o sábado 7 de xullo, cunha semana de actividades previas nas que non falta a música, o teatro, a gastronomía e mesmo o deporte.

O Asalto ao Castelo de Vimianzo non é unha festa histórica. Na celebración fúndese o actual coa inspiración medieval das revoltas das irmandades, co seu espírito reivindicativo e de loita, como naceu en 1996. O espírito asociativo segue vivo, involucrando a toda a vila que traballa durante todo o ano con entusiasmo e agarimo para realizar esta festa feita polo pobo, na que ninguén se sinte estranxeiro. No marco da celebración do 550 aniversario da Guerra Irmandiña (1467-1469), este ano rememórase o momento do ataque histórico á fortaleza. Este feito e a propia historia do castelo viviranse teatralmente na representación nocturna do Asalto ao Castelo e na Historia Dramatizada do castelo.

 Descargar programa

Arquivado en:

Novas