X

O Concello de Vimanzo programa actividades destinadas aos máis cativos da casa

O Concello de Vimanzo programa actividades destinadas aos máis cativos da casa

O Concello de Vimianzo, dentro do programa Apego de normalización lingüística vai organizar durante os meses de febreiro e marzo distintas actividades destinadas ás e aos máis cativos da casa. A programación comezará o domingo 4 de febreiro coa obra de teatro de Producións dispersas O souto dos prodixios. Despois das festas do Entroido a cita será o domingo 25 co espectáculo circense de Peter Punk Chungo!. Xa no mes de marzo o sábado 3 o contador Caxoto traeranos Un libro baixo a almofada.

O domingo 11 será o turno para a música da Banda dos cueiros. O sábado 17 voltarán os contos da man de Charo Pita e o seu espectáculo Menú de contos e pecharemos esta programación o domingo 25 co espectáculo de Títeres Cachirulo, Pinocho. Todas as actuacións serán ás 18:30 h. As dos domingos no Auditorio da Casa da Cultura e as dos sábados na Biblioteca Municipal.

Arquivado en:

Novas