X

O Concello de Vimianzo participa na feira BTravel

O Concello de Vimianzo participa na feira BTravel

 

O Concello de Vimianzo participou no día de hoxe na feira Btravel que se desenvolve en Barcelona convidado poa Deputación da Coruña. A dita feira é a máis importante a nivel internacional no que a turismo de experiencias se refire.

A charla do Concello de Vimianzo tratou acerca da posta en valor das actividades económicas tradicionais, ben a través da artesanía, tal e como sucede no Castelo de Vimianzo, ben a través da recuperación e da posta en valor dos espazos, tal e como sucede no conxunto do Mosquetín.

A i ntervención de Vimianzo tivo unha grande acollida. Entre o público chamou a atención de que sexa o Concello quen xestiona, de maneira directa, tanto o Castelo como o conxunto do Mosquetín. No stand da Deputación da Coruña poderá obterse durante toda a duración da feira información sobre o patrimonio, as iniciativas e os recursos turísticos do Concello de Vimianzo

Arquivado en:

Novas