O proxecto de branding Bela Fisterra Hotel representará a España na BID 18
O proxecto de branding Bela Fisterra Hotel acaba de ser seleccionado como representante de España na Bienal Iberoamericana de Deseño (BID 18) organizada pola Fundación Diseño Madrid. Os seus autores son Xosé Teiga, studio, unha recoñecida e multi premiada empresa galega experta en branding corporativo que acumula xa máis de 180 premios internacionais e nacionais sendo a empresa de Branding, Deseño e Publicidade máis premiada de Galicia e unha das mais premiadas de España: www.xoseteiga.com.
A BID celébrase cada 2 anos e ten lugar en Matadero Madrid converténdose despois nunha exposición itinerante polos 23 países que participan nela. É a cita máis importante do deseño iberoamericano e leva celebrándose 12 anos sendo esta a sexta edición.
Os traballos candidatos son analizados por comités asesores científicos de cada pais, formados por profesionais de recoñecido prestixio no caso de España, Alberto Corazón, Manuel Estrada, Pedro Feduchi e Gabriel Martínez, que son os que fan a primeira a selección dos proxectos españois das diferentes disciplinas do deseño (deseño industrial, deseño gráfico, deseño de moda, deseño digital, deseño de servizos e deseño integral). Despois un xurado internacional desa selección de proxectos concede os premios internacionais, aos que segundo o seu criterio son merecedores deles.
Bela Fisterra Hotel foi deseñado por Xosé Teiga, Sabela Barceló , Maria Toucedo e Asunta Riotorto e acaba de ser merecedor do privilexio de ser representante español nesta bienal, conseguindo un dos méritos máis importantes do deseño galego. O mes de novembro inaugurarase a BID e nela haberá representación de Galicia, formando parte da exposición e dun catálogo impreso e dixital onde quedará constancia deste proxecto.