X

O showcooking do bolo do pote desbordou o aforo da aula en Xantar Ourense

O showcooking do bolo do pote desbordou o aforo da aula en Xantar Ourense

A aula do mar de Xantar Ourense quedou pequena para as persoas que se achegaron a degustar o bolo do pote de Mazaricos no salón gastronómico Xantar Ourense.

O alcalde, Juan José Blanco Riveiro fixo a presentación da XXI edición da Festa do Bolo do Pote e conduciu o show no que as amas de casa prepararon o bolo e o chef José Manuel Carreira os chuletóns, para dar conta dunha das especialidades gastronómicas do Concello: a carne. As persoas asistentes tamén se mostraron entusiasmadas ante o sabor e textura do pan de diversas clases que as panaderías do Concello enviaron para a mostra. Ante a cantidade de público que se congregou ás portas da aula, foi preciso achegar unha bandexa para que tamén puidesen probar os manxares.

O alcalde convidou a todos os asistentes á XXI edición da Festa do Bolo, que terá lugar o 9 e 10 de marzo. O sábado os restaurantes mazaricáns ofrecerán cocido con bolos, previa reserva e o domingo será a degustación popular no Campo da Feira da Picota amenizada por gaiteiros e charanga.


Arquivado en:

Novas